PREGUNTAS FRECUENTES (FAQ)
Todo o que precisas saber antes de chegar ao Extruga.
Todo o que precisas saber antes de chegar ao Extruga.
Nesta edición o festival é GRATUITO. Non tes que mercar entrada, simplemente vir con ganas de disfrutar da cultura urbana en Verín.
O festival é para todos os públicos. Os menores de 16 anos deben vir acompañados dun titor legal.
O festival ten varios espazos en Verín, Ourense. Os puntos principais son a Praza Maior, a Praza do Concello e o espazo da Preguiza.
Verín está conectado por bus coas principais cidades galegas e con Madrid. Recomendamos revisar os horarios de Monbus e Arriva.
Verín conta cunha variada oferta de hoteis e hostais. Recomendamos reservar con antelación debido á alta demanda durante as datas do festival.
Nesta edición non contamos con zona de acampada oficial propia do festival, pero existen campings próximos na zona de Monterrei.